MERCADO ARTESÁN

POSTOS

Permítense postos de artesáns, música, asociacións culturais, moda, complementos, comercio xusto, artistas gráficos, xoieiros, libreiros, antigüedades, etc.

Non se permiten postos de comida e/ou bebida.

 

ESPECIFICACIÓNS

Os postos estarán dispostos dentro do recinto de Bemposta, nunha zona próxima aos concertos e á zona de acampada.

Estarán abertos ao público os días 28, 29 e 30 de MAIO de 2020, días nos que se celebra o Festival OURENROCK Sound.

O stand ou elementos de mobiliario a empregar para o posto corren por conta do artesán.

O espazo dispoñible é de 3×3 metros, habilitaremos punto de luz e corrente eléctrica para cada stand.

 

PREZO

O custe por cada posto é de 70€, e da dereito de entrada e uso durante todo o fin de semana. Acreditaranse dúas persoas por posto.

 

RESERVA

O prazo para exercer o dereito de reserva dos postos dura dende a presentación destas bases ata o día 10 de MAIO de 2020.

Para facelo, os artesáns deberán cumplimentar o seguinte formulario que se pode ver ao final desde páxina, indicando os seus datos persoais e as características do posto que desexan montar no evento, ou ben enviar un email á seguinte dirección de correo electrónico:

postos@ourenrocksound.com



Nome da/o feirante (requerido)


Teléfono de Contacto


Correo electrónico (requerido)


Descrición do posto

Acepto as condicións de uso expostas na parte superior de esta páxina

AdminMercado artesán

Patrocinador principal

Patrocinadores

Medios Oficias

Subvenciona Principais

Colaboradores