XITUMA BATUKE

a forza da percusión

 

Xituma Batuke xurde no ano 2006 en Xinzo de Limia (Ourense), se ben con anterioridade empeza a actividade do grupo nun ámbito familiar, na que a maior parte dos membros sempre estiveron, dun xeito ou outro, ligados á cultura musical.
Na actualidade, Xituma Batuke defínense a si mesmos como unha asociación músico cultural, está composta por 15 membros, e dirixida musicalmente por Xoán Antón Losada Soto. Se algo fai diferente a Xituma Batuke do resto de grupos de percusión, é que teñen un estilo completamente propio.

Teñen a capacidade de interpretar ritmos tan dispares como Rock, Funky, Samba-Reggae, Rap, ritmos de dificultade moito máis complexa, pero a premisa fundamental desta agrupación musical é a interacción directa co público, algo que consideramos máxima prioridade dentro do espectáculo que amosa o grupo e que servirá para garantir o éxito da súa actuación no #OurenrockSound2016.

Recentemente, ten participado en diversas festas de ámbito local, autonómico, e nacional como por exemplo as seguintes: Entroido de Xinzo de Limia, BateBatuke, Noite das Bruxas, Romaría da Saínza, Festas do Corpus de Ourense, Festa do Pulpo de Carballiño, Festas de Lalín, Festival Ponte Louco, Festas da Ponte, Festival do Castro , Oktoberfest, colaboración ca Orquestra Panorama na Gala da AECC, VIII Lagarada tradicional de Celeirós do Douro, I encontro de batuque de Pontedeume….

 

xituma batuke

AdminXITUMA BATUKE