TERBUTALINA

Terbutalina faiche bailar como se te duchases todos os días en augardente . Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados.

Desde a súa formación en 2010, este quinteto non parou de tocar, de medrar e divertir a todo o mundo. Estes cinco monógamos e promiscuos galegos pasearon o seu intenso garage-punk por infinidade de festivales e salas. De feito, en 2014 o seu directo levounos a ser seleccionados dentro do circuito Artistas en Ruta.

Terbutalina conta xa con varios traballos discográficos. O seu penúltimo LP, “A Muerte”, resultou gañador do Premio a Mellor Álbum en Galego nos Premios da Música Independente. En novembro de 2015 lanzan o seu último traballo “Al Otomano se le va la Mano”, gravado no Estudio A Ponte e masterizado por Jim Diamond (The White Stripes, The Sonics) en Guetto Recorders (Detroit), e que será editado por Foic Records e Grabaciones de Impacto.

 

terbutalina

AdminTerbutalina