SUPEROITO

Superoito é unha banda galega de garage-rock que en tan só dous anos de traxectoria xa supera os cento cincuenta concertos en directo.

Unha mostra indiscutible da repercusión e pegada que Iván R. Paderne, Xabi Sóñora e Glenn García Carbajal están tendo por toda Galicia desde que presentaron o seu primeiro traballo discográfico longo a principios do ano pasado e que ademais de levalos a actuar nas principais salas e festivales galegos tamén lles axudou a dar os seus primeiros pasos a nivel peninsular visitando cidades como Madrid, Bilbao ou León.

Logo de varios proxectos singulares como a traducción dalgunhas das súas letras a catalán e euskera, a presentación de varios singles independentes e de compartir escenario directamente con bandas de tallaxe internacional como Berri Txarrak (Santiago de Compostela – Sala Capitol) ou Novedades Carminha (Vigo – La Fábrica de Chocolate) veñen de anunciar a súa incorporación á nova compañía discográfica compostelana Iraila Records.

Actualmente atópanse a piques de presentar o seu novo disco que como xa anunciaron, virá da man doutra xira non menos extensa que a anterior e que será a responsable de que no mes de Xuño poidamos velos na primeira edición do Festival OURENROCK Sound.

 

Superoito

AdminSuperoito