MERCADO ARTESÁN

POSTOS

Permítense postos de artesáns, música, asociacións culturais, moda, complementos, comercio xusto, artistas gráficos, xoieiros, libreiros, antigüedades, etc.

Non se permiten postos de comida e/ou bebida.

 

ESPECIFICACIÓNS

Os postos estarán dispostos dentro do recinto de Bemposta, nunha zona próxima aos concertos e á zona de acampada.

Estarán abertos ao público os días 08 e 09 de Xuño de 2018, días nos que se celebra o Festival OURENROCK Sound.

O stand ou elementos de mobiliario a empregar para o posto corren por conta do artesán.

O espazo dispoñible é de 3×3 metros, habilitaremos punto de luz e corrente eléctrica para cada stand.

 

PREZO

O custe por cada posto é de 60€, e da dereito de entrada e uso durante todo o fin de semana. Acreditaranse dúas persoas por posto.

 

RESERVA

O prazo para exercer o dereito de reserva dos postos dura dende a presentación destas bases ata o día 01 de Xuño de 2018.

Para facelo, os artesáns deberán cumplimentar o seguinte formulario que se pode ver ao final desde páxina, indicando os seus datos persoais e as características do posto que desexan montar no evento, ou ben enviar un email á seguinte dirección de correo electrónico:

postos@ourenrocksound.com



Nome da/o feirante (requerido)


Teléfono de Contacto


Correo electrónico (requerido)


Descrición do posto

Acepto as condicións de uso expostas na parte superior de esta páxina

AdminMercado artesán