KONFLIKTO

Konflikto nace en agosto do 96 en A Coruña, nun principio sendo un trío e agora como un cuarteto. Conservan a formación orixinal á que se uniu posteriormente Goar “Cicatriz”.

Logo de catro discos autoproducidos, dan un salto a nivel nacional percorrendo os festivales máis importantes da Península, así como acompañando a bandas xa consolidadas como “Rata Blanca”, “Barricada” y “Boikot” entre outros.

En cuestión de meses Konflikto reuniu a un número importante de público nos seus concertos. Comezan a establecer relacións con discográficas e productoras, tralas que graban Lokosistema nos estudios Korsakov de Madrid, producido por Kosta Vázquez “Boikot” y editado por “Santo Grial”. 

Despois da súa presentación con máis de corenta concertos por todo o país, sumerxense nunha xira polo Estado Mexicano compartindo escenario con Koma, Disturbio, Albertucho e Vantroi.

O seu último traballo “Ratas, Urrakas y Kuervos” (2013), conta coa participación das voces máis representativas do panorama punk e rock nacional: Yosi “Los Suaves”, Fernando Madina “Los Reincidentes”, Juancar “Boikot”, Manolo Cabeza Bolo. Foi catalogado como unha obra maestra e como referente do punkrock nacional actual.

Actualmente Konflikto está inmerso nunha xira nacional por salas e festivais presentando os seus traballos, e no próximo mes de Xuño poderemos escoitar os seus acordes no Festival OURENROCK Sound. 

 

 

foto promo konflikto

AdminKonflikto