HEREDEIROS DA CRUS

Heredeiros da Crus bajo

Heredeiros da Crus nacen en Castiñeiras, en Ribeira (A Coruña) en 1992. Lodo duns primeiros ensaios nun galiñeiro de Poi, ese mesmo ano ofrecen o seu primeiro concerto na mítica Festa da Dorna. En 1994 publican o seu primeiro disco, “A Cuadrilla de Pepa a Loba”, un álbum que marcou un antes e despois na historia do rock en galego e no que se inclúen himnos como “Quero josar” ou “O fillo do José”. Beni, alias “o fillo de Ampartio” era o batería nesta formación inicial, un posto que logo ocuparon Pepe Santamaría (entre 1995 e 1999), Marcos Otero (no directo All right Chicago), Pedro Rodríguez alias “Trelles” (no disco Chicarrón) e Manu Gómez a partires da xira do 2012.

As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse.

Heredeiros da Crus cantante

Logo de converterse nun dos grupos insignia do Xabarín Club – o mítico programa infantil da TVG para o que gravaron temas e videoclips hoxe históricos como Que jallo é ou Íscalle Lura -, e de ofrecer ducias de concertos sempre memorables (e normalmente polémicos) por toda Galicia e parte do estranxeiro (chegaron a actuar en Londres e Nova York), en 1996 edítase o segundo disco de Heredeiros da Crus: Está que te cajas!!, con temas emblemáticos como “O teu fillo fuma porros”, a melancólica “A chaqueta de lana” ou “Frenaso no calsonsillo”, unha peza na que colabora o mesmísimo Rosendo Mercado.

En 1997 os Heredeiros publican dous traballos: “Criatura”, un EP de cinco temas (entre eles, outro himno: “Non quero nada de ti”) e “Des Minutos”, no que empezan a versionar cunha exitosa versión do “My Sharona” que eles titularon “Vaiche boa”. O seguinte álbume publicouse dous anos despois, en 1999, baico o título “Erecsiones munisipales”: un disco que por primeira vez conta con outros instrumentos e sonoridades como os metais nalgunhas pezas.

Heredeiros da Crus Guitarra

Un ano despois, en 2000, Heredeiros da Crus publican o seu sexto disco, un dobre álbume gravado en directo titulado “All right Chicago” (que converteu a Heredeiros na primeira banda galega en editar un disco en directo), no que se pode apreciar a potencia do grupo de riba dos escenarios, un lugar onde todo é posible: disfraces, improvisacións, lanzamento de obxectos, colaboracións do público, mesmo stripteases…

Heredeiros da Crus Toñito de Poi

Tras catro anos nos que, entre outros proxectos, editaros un disco de versións baixo o nome de “Recambios Tucho” (2001), en 2004 publicaron o seu sétimo (e último) disco como Heredeiros da Crus: “Chicarrón”, un traballo con sons máis pausados que incluía un dvd con material extra (unha iniciativa tamén pioneira na música en galego).

En 2005, o grupo retírase dos escenarios e cada un dos heredeiros inicia os seus propios proxectos musicais en solitario.

En 2012, cando se cumpren 20 anos daquel primeiro concerto en Dorna, os Heredeiros da Crus, os máis jrandes, volven aos escenarios para dalo todo. Unha xira que comezou na discoteca LP45 Ordes (A Coruña) o 3 de marzo de 2012 cun concerto memorable para todos os asistentes. Sería o principio da volta dos máis jrandes…

 

EPOCA RECENTE

 

Concerto Heredeiros da Crus Despois de tocar nos principais festivais do país ese verán (Nordestazo, Brincadeira, Derrame, Music Way, Rías Baixas e Arreaocabo), en 2013 Heredeiros da Crus ademáis de seguir ofrecendo memorables concertos por toda Galicia, mantiveron a súa promesa de publicar un novo disco (o primeiro de estudo despois de nove anos) con 12 temas inéditos: Jard Rock con Fe. O disco foi un éxito de vendas, e os festivais seguiron a sucederse: O festival de Cans, A romaría da Fraga, O Revenidas, as festas de San Froilán, o Ifevi, a sala Shoko de Madrid, e moitas datas máis nas que arrastraron a milleiros dos seus incondicionales siareiros.

Estrenan o 2015, cun tema inédito, preparan novas sorpresas enriba do escenario e moito, moito rockandrol.

 

 

¡Non lles perdades a pista!

 

Heredeiros da Crus

AdminHEREDEIROS DA CRUS