DAKIDARRÍA

Dakidarría é unha banda formada por oito músicos que fusiona ska, reggae e punk-rock e que apostan pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario, sen deixar indiferente a ninguén, unha descarga de festa e compromiso.

Componentes do grupo:

Gabri: (guitarra y voz principal)
Simón: (guitarra y voces)
Alejandro Belerdas “Beler”: (trombón)
Israel: (bajo y voces)
Juaki: (trompeta y voces)
Anxo: (saxo barítono)
Carlos: (teclado)
Ximo Tomás Maki: (batería)

Tras dez anos na rúa editaron unha maqueta, “Diskordia nas Rías Baixas”, e catro discos: “Fragasaurus Rex” (Síndrome discos, 2005), “El futuro nunca existió” (Santo Grial, 2008), “Realidades alienantes…” (Revolution Produccións, 2010) e “… Utopías emergentes”, último traballo co que pechan unha obra composta de dous discos antagónicos cargados de enerxía, nos cales nos mostran a realidade dende o seu punto de vista, que nós farán reflexionar acerca do mundo no que vivimos e que marcarán un antes e un despois na carreira do grupo.

Durante este tempo presentaron o seu proxecto ó redor de toda a xeografía peninsular e parte de Europa (ademáis dunha xira que os levou a percorrer boa parte da república Mexicana), actuando tanto en salas pequenas coma en grandes festivais, demostrando que saben adaptarse perfectamente a cada situación.

Disfrutaremos da súa música en Xuño no OURENROCK Sound, onde nos demostrarán todo o que son capaces de facer os de Valmiñor.

 

 

dakidarria

AdminDakidarría