Zona de Acampada

Plano OurenrockDurante os días que dura o OURENROCK SOUND, 08 e 09 de Xuño, teredes á vosa disposición un amplo espazo axardinado ao aire libre para realizar acampada, preto da zona de concertos en Bemposta.

O dereito a camping vai incluído coa vosa entrada e non supón un custo adicional, é gratuito.

Ademáis, hai duchas á vosa disposición, así coma postos de comida e diferentes tipos de traballos artesáns para mercar. Todo o necesario para facer da estancia en Bemposta unha boa experiencia e que teñades as vosas necesidades cubertas para non preocuparse de nada máis que de disfrutar da boa música e do Festival.

Asimesmo, informamos de que na zona de acampada NON se pode facer lume, nin venda de ningún tipo de bebidas, roupa, etc. Contaremos como noutras edicións con postos de mercado e zona de restauración, con comida vegana.

Tamén están prohibidas as raves, así como deixar os restos de embases, comida e bebida fóra dos puntos habilitados para a súa recollida.

A zona de acampada non conta con servizo de seguridade e vixilancia as 24hrs! A organización non se fai responsable polas perdidas, roubos ou danos que se podan producir nesta zona.

AdminZona Acampada