Últimas Novidades

Bar Chiripa

¡FESTA E FESTA! Iso é o que ten o patrocinador de hoxe. ¡Non agardes para ires!

 

Bar ChiripaBar Chiripa

Rúa Pena Corneira, 1, Ourense
Horario: Luns a Domingo 22:00h – 3:30h 

Unha serie de YouTube foi a fonte de inspiración para o nome deste bar/pub. Levan 6 anos e 3 meses abertos aportando sempre un apoio aos grupos ourensáns e galegos.

Polo bar pasaron grupos coma Terbutalina, Boikot, Konflikto, Dakidarría… Grupos que marcaron a historia deste bar para amantes do rock, metal, punk, ska e reggae…

“Dende o cliente máis heavy ata os rumbeiros de mestizaje”

son as palabras que definen o ambiente do Chiripa, así coma os chirikólicos, persoas que acuden asiduamente ao local.

Alí tamén se poden mercar entradas e camisolas de grupos ourensáns e galegos, e por suposto entre elas as prendas e entradas do OURENROCK Sound.

Pero non todo e música. No Chiripa pódese disfrutar de diferentes eventos deportivos, sobre todo de baloncesto, tanto da ACB coma o da NBA.

Un bar que apoia a escea dende os seus inicios e que colabora cun festival da terra, o OURENROCK Sound.

 

Bar Chiripa entrada

 

Bar Chiripa interior

 

Bar Chiripa barra

AdminBar Chiripa
Share this post

Join the conversation

*

Patrocinador principal

Patrocinadores

Medios Oficias

Subvenciona Principais

Colaboradores